jueves 5 de febrero de 2009

¿Que é a poesía? Unha explicación en minutos ...

Unha emisora de Televisión "Literalia" nois ofrece nun dos seus programas esta magnífica explicación do que é e será a poesía ...

miércoles 8 de octubre de 2008

Benedetti: Poesía comprometida

Dicíamos que Benedetti é tamén un poeta comprometido e para mostra que mellor que estas versións do seu poema "Hombre preso que mira a su hijo". Disfrutade con todas pero sobre todo coa voz e paixón de Pablo Milanés que canta na primeira versión e coas imaxes que acompañan á terceira versión. Adiante...

Tampouco ten desperdicio esta outra versión recitada do mesmo poema:

Acabo de descubrir esta terceira versión do mesmo poema, e xa non sei con cal quedarme, as tres son maravillosas.

Mario Benedetti

Un dos grandes poetas en castelán (é uruguaio) do noso tempo é Mario Benedetti, e ademáis un poeta moi comprometido coa época que lle tocou vivir...
Disfrutade destes dous poemas de Benedetti acompañado coa música e a voz doutro gran poeta e cantante, Joan Manuel Serrat.
"Hagamos un trato"

"Táctica y estrategia"

viernes 19 de septiembre de 2008

"Es amarga la verdad" de Quevedo por Paco Ibáñez

A versión do poema de Quevedo que fixo Paco Ibáñez.

Neste click podedes ver a letra e escoitar outra versión.

"A Galopar" poema de Rafael Alberti cantada por Paco Ibáñez e el mesmo

A poesía é un arma. Escoitade esta poesía e estaredes de acordo, é unha canción "de guerra" e un arma que inflama ós que á escoitan con ese estribillo pegadizo e doado de seguir.
É unha interpretación memorable este concerto de 1991. Rafael Alberti un dos grandes poetas españois da xeneración do 27, tivera que fuxir despois da Guerra Civilm xa que el era un fervente republicano e non puido voltara a pisar territorio español ata a morte de Franco. Paco Ibáñez pola súa banda foi persguido e vetado en España no franquismo porecisamente por poñerlle música e interpretar poemas deste e outros autores exiliados, como unha forma de crticar e combatir o franquismo. Ambos xuntáronse neste concerto nos deixaron esta pequena xoia musical e literaria.

Escoitade tamén outra pequena xoia deste cantautor: "Erase una vez un lobito bueno" de Goytisolo...

"De la ausencia y de ti Velia" de Silvio Rodríguez

Unha das máis raras e menos coñecidas e ó mesmo tempo máis maravillosas cancións (poemas) de Silvio

"A donde van" de Silvio Rodríguez

Unha canción-poema do vate cubano. Para reflexioanr sobre o paso do tempo.